Blogia
churrascada

Cultura de país

Cultura de país Unhas cantas rachas de madeira, unha boa grella chea de graxa, un mandilón para non queimar o buche, un petrucio con gañas dunha insolación asistida, un pinche preparado, chourizos e carne a matar, pastillas para facer as ascuas que non falten (soplete para saír do paso), empada de sardiñas de entrante. Unha ducia de cervexas para recoller o aceite da grella, a radiño cos partidos, o cuñado que acaba coas cervexas e come os primeiros anacos (posúe autoconvite), viño de barrantes coas tazas (semilavadas, color realmadrí que non falle).

Rachas ao lume e agardar polas ascuas. Este blog inicia a súa camiñada.

3 comentarios

paleón -

...señor Depósito eu acabo de chegar agora mesmo dese "Imperio gastronómico"...

Depósito -

Benvido a isto dos blogs!!!
(Hoxe é venres, día 2 de xullo, e quedei para ir cear churrasquiño ao Santiso. Xa me entra máis a fame!)

paleón -

... bota pa acá uns ghanchiños dese churrasco. Benvido ao Blogmillo!...